Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A localidade de Vilaseca, en Riotorto, está de festa dúas fins de semana

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

A localidade de Vilaseca, en Riotorto, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Xosé e a Nosa Señora.

Os actos darán comezo o sábado ás 13.30 horas con misa solemne, á que seguirá a procesión e a sesión vermú con Salsarena. Á noite repetirán na verbena, xunto a Tania e o seu acordeón.

O domingo continuarán as celebracións con misa ás 13.45 horas, procesión e sesión vermú prolongada co Grupo Eclipse.

O próximo sábado os veciños completarán o programa cun xantar popular, que contará coa animación musical de Verónica Cambón. Previamente haberá oficio relixioso ás 13.30 horas. O menú consistirá en callos, churrasco mixto, chourizo e criollo, sobremesa, bebida, café e chupito.

Á noite actuará en sesión verbena de novo Verónica Cambón.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que haberá misas tamén o día 19, ás 13.00 horas e o 25, ás 19.00.