Skip to main content
Vilalba

O SLG imparte un curso de fruticultura en dúas sesións

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

Vilalba acollerá o curso de Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno que se desenvolverá os días 9 de marzo e 7 de setembro.

Esta formación contará co horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e desenvolverase na Escola de Nete.

As persoas que desexen inscribirse ou informarase poden facelo no teléfono 982 512 431 ou no correo vilalba@sindicatolabrego.gal. A data límite de inscrición é 7 de marzo.

Esta actividade está financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e impártese no programa do Sindicato Labrego Galego.