Skip to main content
Vilalba

Vilalba inviste na estrada de acceso á igrexa de Xoibán

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

O tenente de alcalde Modesto Renda vén de anunciar unha nova mellora na rede viaria municipal, desta volta na parroquia de Xoibán. Trátase do acceso á Igrexa e os traballos de rexeneración realizados ó longo da pasada semana superaron os 7.500€.

Esta é xa a segunda obra que se realiza na parroquia no que vai de lexislatura e as previsións da área de Infraestruturas Rurais son, tal e como explicou Renda, complementala con máis e novos investimentos en beneficio da súa veciñanza.