Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalba FS feminino B remata a Liga segundo pero non logra o ascenso polo gol average

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

O Grupo Forma-T Vilalba B feminino rematou esta fin de semana o campionato de Liga na fase de grupos da Primeira Autonómica. As vilalbesas remataron con vitoria, 5-1 ao Taboada, pero non conseguiron o ansiado ascenso por moi pouco.

Ocupan a segunda praza da clasificación empatadas a puntos co Burela B, equipo que si estará na Preferente o ano que vén. Foi o gol average o que marcou a diferencia entre os dous equipos, xa que cravaron resultados con 15 vitorias e unha derrota.

O equipo verde fixo unha gran tempada e aguantou invicto ata fai dúas xornadas, cando caeu precisamente ante o Burela. No partido de ida foi precisamente o Vilalba B o que venceu o duelo entre eles.

Por outra banda, ao primeiro equipo feminino aínda lle quedan nove xornadas por disputar pero leva tamén unha gran tempada xa que ocupa o segundo lugar da táboa, a seis puntos do líder, o Fisober.

Nos 21 partidos disputados só perdeu unha vez aínda que tivo conformarse co empate en tres ocasións. As vilalbesas non poden despistarse no seu propósito xa que teñen ao 5 Coruña dous puntos por abaixo e o Ribeira tampouco está na pelexa. Os catro teñen moita vantaxe co quinto, polo que todo indica que o título será para un deles.