Skip to main content
Vilalba

Dous pediatras incorpónrase este mes ao centro de saúde de Vilalba, di o PP

Por 6 Marzo, 2024Sin comentarios

“O Goberno galego demostra o compromiso con Vilalba e coa sanidade pública con feitos”, segundo destacan os populares. “Tras convocar un procedemento para a cobertura de pediatras de atención primaria, neste mes de marzo incorporaranse dous profesionais con praza fixa ao centro de saúde de Vilalba que está previsto que atendan en horario de mañá”, explican. “É unha boa nova para as familias vilalbesas que levabamos tempo agardando e que agora se fai realidade”, subliñan.

Isto é posible grazas á resolución dun concurso de méritos para prazas sanitarias que levaban tempo vacantes -que incluía 60 prazas de pediatras en centros de saúde e 12 en hospitais comarcais- e que se realizou a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada no Parlamento de Galicia co voto en contra de BNG e PSdeG.

É dicir, “se fora por socialistas e nacionalistas non sería posible contar con esta praza de pediatría cuberta no centro de saúde de Vilalba”. Os populares destacan, polo tanto, “a vontade do Goberno galego para buscar solucións ante a falta de médicos e pediatras”; mentres que “a única aportación do PSOE e do BNG é a crítica”. É máis, “tampouco lle esixen ao Goberno central que permita a Galicia formar máis médicos que é algo que si está nas súas mans, pero que non fai nin en Galicia nin no resto de comunidades do Estado que tamén sofren a falta de profesionais”.

A lei aprobada no Parlamento galego cos votos do PP incentiva a cobertura das prazas de difícil cobertura ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición.