Skip to main content
Vilalba

Iván Prado actúa este martes en Vilalba en apoio ao pobo palestino

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12 de marzo, ás 20.00 horas, na casa da cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado Un pallaso de Lugo en Palestina. 

Nesta sesión Iván Pardo, no marco da exposición Voces palestinas que contan, montada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva de Vilalba, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico.

Entrada libre ata completar aforo.