Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Kevin Cuba faise coa prata no Campionato de España júnior de loita

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

O deportista do Club Loitas Olímpicas de Vilalba Kevin Cuba participou no Campionato de España U20 que se celebrou esta fin de semana en Madrid.

Kevin acadou a medalla de prata en menos de 97 kg, unha categoría de peso superior á súa e sendo aínda cadete.

O vilalbés viaxou a Madrid nunha categoría superior co obxectivo de superar a Antonio Jiménez , actual campión de España U20 e U23, e ante o que perdeu a final nun axustado combate no que Kevin tivo momentos e superioridade.

“Estamos moi contentos coa evolución do noso deportista e afrontamos agora a súa preparación de cara aos internacionais para os que será convocado xa coa Selección Española”, din desde o club.