Skip to main content
Xermade

Xermade mellora o sistema de recollida de pilas usadas

Por 11 Marzo, 2024Marzo 12th, 2024Sin comentarios

O Concello de Xermade vén de substituír os envases para a recollida de pilas usadas co obxectivo é mellorar o proceso de reciclado e a xestión destes residuos, que poden ser tóxicos para as persoas e o medio ambiente.

Así, estableceu uns recipientes para a recollida e estableceu varios puntos de recollida no termo municipal que son son concello, centro de saúde, biblioteca municipal, gasolinera Candamil, farmacia Xermade nas escolas de Lousada de Arriba, Lousada de Abaixo, O Calvario de Cazás e Momán, ademais dos locais socias de Miraz, A Panda de Piñeiro, A Criba de Roupar, A Casanova de Roupar e Cabreiros.

Aas pilas son reciclables, e de feito é moi necesario que se faga isto. Conteñen metais e substancias químicas que poden ser tóxicas como o mercurio, o chumbo ou o cadmio, que son moi perigosos tanto para a saúde como para o medioambiente.

Moitas veces almacenamos as pilas ou as tiramos ao contedor de residuos orgánicos, o que fai que acaben nas entulleiras. Este é un xesto moi prexudicial, non só por non poder reutilizar os materiais, senón polos compostos que liberan e que contaminan gravemente a natureza.