Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo volve saír á rúa para reclamar médicos para o seu centro de saúde

Por 29 Abril, 2024Abril 30th, 2024Sin comentarios

O Vicedo volveu saír á rúa para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio. A concentración, convocada polas asociación culturais, deportivas e de veciños do concello, tivo lugar o domingo 28 diante da Casa Consistorial.

Con esta nova convocatoria pretenden esixirlle ao Sergas unha mellora nas condicións sanitarias e que cubra as dúas prazas de médicos que están vacantes no centro de saúde do municipio. Trátase dunha necesidade que levan reivindicando dende fai tempo e que implica unha cobertura deficitaria así como tamén desprazamentos da veciñanza ata outros centros como ao PAC de Viveiro.