Skip to main content
AlfozAxenda AMARIÑAXA

Organizan o primeiro Día da Veciñanza de Alfoz

Por 9 Abril, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

O próximo 12 de maio as Asociacións Veciñais de Alfoz e a Asociación o Castelo organizan no pavillón municipal a primeira xuntanza dos veciños de Alfoz. A comida terá lugar a partir das 14.00 cun menú a base de entrantes fríos e quentes, xamón cocido e churrasco de porco, sobremesa e bebidas.

Os asistentes tamén poderán gozar da sesión vermú a partir das 13.00 horas e da sesión de tarde con moitos sorteos. Os nenos e nenas ata 3 anos poden participar gratis, a entrada para os menores de 4 a 12 anos ten un custo de 10 euros e de 13 anos en diante custará 25 euros. Os tíckets estarán á venda ata o 6 de maio