Skip to main content
Barreiros

Controlado o incendio de Barreiros tras calcinar unhas 17 hectáreas

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O incendio forestal que comezou o venres 19 no municipio de Barreiros, entre as parroquias de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos, controlouse pasadas as 15.30 horas deste martes tras calcinar unhas 17 hectáreas.

Polo momento, descoñécense as causas do lume, que se reactivou durante a tarde do luns 22 nunha xornada con rachas de vento fortes na Mariña. Segundo informa Medio Rural, mobilizáronse para a súa extinción 8 brigadas, 6 motobombas, 3 axentes e un helicóptero. Non se deben lamentar danos nin persoais nin a vivendas.