Skip to main content
Burela

O 18 de maio celebrarase en Burela o XIVI Encontro de Palilleiras

Por 7 Abril, 2024Sin comentarios

O 18 de maio celebrarase en Burela o XIVI Encontro de Palilleiras, que organizan a asociación cultural e artesanal As Encaixeiras e o Concello. Na pasada edición participaron máis de 600 persoas, polo que se espera que esta edición sexa tamén moi numerosa.

A xornada comezará ás 10.30 horas coa recepción das palilleiras e durante toda a a xornada poderase desfrutar da súa demostración de traballos. Ao medio día será a quenda dunha degustación de empanadas de pescada e a posterior comida.

Tamén haberá unha mostra de mantillas de bolillos e bordadas e un obradoiro de creación dunha mimosa.

para o xantar hai que anotarse chamando ao 653 295 912.