Skip to main content
Burela

O espectáculo tributo a Tina Turner chega a Burela

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

O concello de Burela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo ‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ en homenaxe á raíña do rock & roll, Tina Turner. O evento terá lugar ás 21.00, con apertura de portas ás 20.30, e as entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.

Xa se poden adquirir a través da web https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/sessions/04-05-2024-21-00-galicia Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha profesional do mundo da canción e o espectáculo que non dubidou en producir e interpretar a Tina Turner, amosando “toda a súa forza escénica arrolladora”.

‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ percorre a traxectoria de Tina Turner, quen se consolidou como auténtica raíña do rock & roll despois de romper todas as barreiras. É a artista individual que vendeu máis entradas na historia e conta con once premios Grammy e 200 millóns discos vendidos.