Skip to main content
Burela

Rematan as obras do parque infantil do Cantiño, en Burela

Por 20 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela remata as obras do parque infantil do Cantiño, que xa se atopa completamente renovado. Os traballos contaron cun investimento a cargo do Concello de 40.000 euros. As actuacións encádranse nun plan de mellora de parques infantís anunciado polo Goberno local que se estenderá por outros puntos do municipio, como o parque Rosalía ou o parque do Campón.

“O parque atopábase moi deteriorado, xa que é moi empregado especialmente no verán”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey. “Agora conta con xogos novidosos que de seguro gustarán moito aos nenos e nenas de Burela”, engade.

Pola súa banda, a alcaldesa, Carmela López, sinalou que “dispoñer de parques infantís de calidade e fundamental para Burela, que afortunadamente conta con moita poboación nova e con moita cativada”. Dende o Concello de Burela seguirán “garantindo que os parques da vila estean nas mellores condicións posibles”, concluíu a rexedora.