Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo e Mar de San Cibrao asinan un convenio para poñer en valor a finca anexa ao Museo do Mar

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación Mar de San Cibrao, para a posta en valor da finca anexa ao Museo do Mar, en San Cibrao, que é propiedade municipal.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, mantiveron un encontro co presidente desta asociación, Moncho Rivas, durante o cal formalizaron un acordo que supón a cesión de diferentes pezas relacionadas co mundo marítimo (áncoras, hélices, maquinillas, haladores…) que serán expostas nesta parcela dando forma a unha mostra que baixo o título “Surcando Mares” pretende abrir unha nova ventá de San Cibrao ao mar, a través dun paseo libre por estes terreos “que pouco a pouco iremos convertendo nun museo ao aire libre para desfrute de veciños e visitantes”, precisou a alcaldesa.

En concreto as pezas, foron cedidas en calidade de depósito, á asociación Mar de San Cibrao, por Moncho Rivas e Ángel Fernández, que á súa vez fan unha cesión a Concello de Cervo destes elementos de temática mariñeira que “lle outorgan un valor engadido a esta parcela propiedade de todos os cervenses”.