Skip to main content
Cervo

Cervo retoma o tradicional Encontro de Palilleiras

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo retoma o tradicional Encontro de Palilleiras que se celebrará 25 de maio.  O evento terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, tal e como informou a edil de Servizos Sociais e Educación, Pilar Armada.

Ademais da exhibición das artesás, como complemento haberá unha feira de artesanía e postos de venta de produtos relacionados con esta arte, entre outras actividades. As persoas interesadas en participar no evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura 982 595 157. A cita mantén a súa traxectoria e chega deste xeito a súa XVII edición.