Skip to main content
Cervo

Cervo entrega aos apicultores produto atraente para elaborar trampas contra a velutina

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo entrega aos apicultores produto atraente para elaborar trampas contra a velutina. A Administración local leva ofrecendo este líquido con carácter regular desde o ano 2017, co obxectivo de “tentar así frear a expansión desta especie invasora e minimizar a formación de niños no termo municipal”.

A reunión tivo lugar días atrás na Casa do Concello, aínda que se algún apicultor ou apicultora non tivo coñecemento da mesma por calquera circunstancia pode poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cervo para recibir este produto para a confección das trampas.

O Concello segue así traballando coordinadamente coas persoas apiculturas para afrontar esta problemática, tal e como veñen facendo desde que teñen constancia da presenza da velutina no noso municipio, “tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”, aseguran.