Skip to main content
Foz

Instalan cinco aparcadoiros para bicis en Foz que inclúen unha estación de mantemento

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, Simeón Neira, anunciou que xa están instalados cinco aparcadoiros para bicicletas no municipio. Xa están colocadas e listas para o seu uso preto do colexio O Cantel, na rúa Pintor Laxeiro, no Campo da Cabana, no pavillón de Marzán e no parque de Marzán.

Estes aparcadoiros levan incorporados unha estación de reparación que inclúe unha bomba de aire e un xogo de chaves. Para poder acceder a estar ferramentas é necesario unha moeda que se recuperará unha vez se devolvan, como se tratara dun carriño de supermercado. Con esta medida búscase fomentar o uso deste medio de transporte máis ecolóxico e beneficioso para todos.

Segundo o concelleiro, a idea é seguir instalando máis e non só no casco urbano, senón tamén no paseo marítimo, no tramo que hai un carril bicicleta e ir comezando en parroquias como Faozouro ou Cangas.