Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAFoz

A Festa Normanda de Foz celebrarase os días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2024

Por 5 Abril, 2024Abril 6th, 2024Sin comentarios

A organización da Festa Normanda de Foz informou de que a cita festiva celebrarase os días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2024. Así mesmo, comunicaron que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no mercado.

Para asistir ou participar será necesario poñerse en contacto mediante correo electrónica en: mercadonormando@gmail.com.

A Festa Normanda é unha das festas máis recentes que se celebran en Foz e que rememora a invasión errada dos viquingo sobre o pobo lucense.

De momento no hai confirmación do programa pero previsiblemente haberá un mercado medieval, unha obra teatral que representa o desembarco e o afundimento dos barcos viquingos ademais de actividades, xogos e teatro para os máis pequenos.

Tamén podería recrearse como en anos anteriores na praia focega de Tupide, o desembarco viquingo e o combate entre a poboación e os invasores normandos.