Skip to main content
Foz

Organizan en Foz un obradoiro para que a cativada cree o seu propio portalibros

Por 14 Abril, 2024Sin comentarios

Continúa o programa da Biblioteca de Foz que se pon en marcha nos meses de marzo, abril e maio. Este venres 19 a Casa da Cultura acolle o obradoiro creativo Crea o teu portalibros, vive miles de historias para que poida gozar toda a cativada do muncipio.

A actividade, que se desenvolverá na biblioteca municipal, está dirixido a nenos e nenas a partir de 7 anos. É unha actividade gratuíta, pero o aforo é limitado polo que os interesados deben realizar a súa inscrición a través do 982 140 675.