Skip to main content
Foz

O Colexio Martínez Otero de Foz sube ao máis alto do podio no campionato provincial de xadrez

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

Viveiro acolleu o campionato provincial de xadrez. Na cita, o Colexio Martínez Otero de Foz logrou subir ao máis alto do podio na categoría alevín. Grazas ao seu esforzo, os focenses lograron os resultados 4-0, 2-2 e 4-0. O xadrez mantén así a súa destacada proxección ao reunir aos conxuntos provinciais que amosaron na vila todo o seu potencial.