Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova contará cunha sesión do programa Xunt@s sobre o uso do smartphone

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo continúa na Pontenova con accións do programa Xunt@s, creado con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

Así, os venres 5 e 12 de abril a partir das 10.30 horas organizarase unha xornada gratuíta sobre o uso do smarthphone que será a partir das 10.30 horas na casa da cultura.