Skip to main content
Ribadeo

O BNG de Ribadeo pídelle ao Goberno municipal “máis rapidez no seu traballo”

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

O BNG de Ribadeo pídelle ao Goberno municipal “máis rapidez no seu traballo”, así, din que “tivemos que saír en varias ocasións a reclamarlles máis celeridade na limpeza de camiños e zonas verdes, e na reposición de estragos provocados por temporais anteriores, para que o goberno municipal do PP comezase a reaccionar, aínda que tarde e mal. E ante a súa incompetencia non lles quedou outra que tirar de chequeira e volver a contratar servizos externos ao concello para que lles fagan o que eles non son quen de conseguir polos seus propios medios”.

Tamén criticaron a política de promoción turística na que cualifican de “volven a promover eventos baseados na convicción de que hai que facer boas enchentes”. Así, dixeron que a mexilloada celebrada en Rinlo durante a Semana Santa é “contraproducente”, e que “Rinlo ten calidade e potencial turístico xa recoñecido”

Por último afearon que o Concello usase as redes sociais para “algo máis que dar a coñecer os actos que se desenvolven en torno á celebración da Semana Santa”, pois din que o Goberno local usounas para facer “un discurso que resulta máis que comprensible no seo da propia Igrexa, pero non nun Concello”.