Skip to main content
Ribadeo

O 7 de abril arrinca en Ribadeo ‘Pasos de Sabiduría’, un encontro con música para os veciños

Por 5 Abril, 2024Sin comentarios

O 7 de abril arrinca en Ribadeo Pasos de Sabiduría, unha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social. Todos os domingos de abril, maio e xuño haberá baile no centro social. Será de 18.30 a 21.30 horas con entrada de balde.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, dixo que “desde o Concello apostamos unha vez máis por dinamizar o noso pobo. Hai tempo que moitos veciños solicitábannos un punto de encontro onde poder relacionarse e botar uns bailes, petición que nos pareceu unha idea estupenda. Puxémonos ao choio e aquí estamos, cumprindo”.

A edil ribadense contou que “empezamos no centro social de Ribadeo este domingo, 7 de abril, cunha actuación en directo, para continuar todos os domingos ata xuño alternando música disco con actuacións en directo”.

Sierra agarda que Pasos de Sabiduría sexa do agrado de todos: “esperamos que esta actividade sexa de voso agrado e que pasedes uns domingos divertidos en compañía de todos os nosos veciños”.