Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo inviste máis de 10.000 euros na mellora dos accesos ao matadoiro municipal

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribadeo inviste máis de 10.000 euros na mellora dos accesos ao matadoiro municipal. O alcalde, Dani Vega, subliña que a instalación é referente na Mariña lucense e no Occidente asturiano. “Estamos a falar de 2.000 reses de bovino sacrificadas, 3.500 de porcino, 500 de ovino, 250 de caprino e de equino 25”.

Dende o Goberno local seguen investindo e mellorando toda a contorna. “Neste caso estamos a falar dunha inversión superior aos 10.000 euros para arranxar todo os accesos con aglomerado, porque estaban realmente deteriorados e necesitaba este investimento”. O matadoiro municipal “non soamente sacrifica, senón que tamén despeza, hai reparto a domicilio, hai varias cámaras de conxelación rápida e hai un envasado ao baleiro. Estas instalacións prestan moitos servizos e iso convérteas como matadoiro de referencia en todo este espazo xeográfico”.

O alcalde tamén se referiu ao emprego xerado no matadoiro municipal: “Hai nove postos de traballo directos, que nós valoramos e estamos moi satisfeitos de que este matadoiro siga a investir e mellorando as súas instalacións. E desde logo o Concello é a administración que ten que dar respostas, investindo orzamento propio e non quedarse aí simplemente. Temos que ter a capacidade de xestionar orzamento ante outras administracións para mellorar as instalacións. E niso imos traballar nos próximos días”.

O rexedor asegura que están “satisfeitos por un traballo continuo, por un traballo que tamén significa que estamos preocupados por mellorar as nosas instalacións municipais, que prestan un servizo non so aos veciños de Ribadeo senón a toda a contorna tanto no Occidente asturiano como na Mariña”.