Skip to main content
Vegadeo

Abre o concurso do cartel da terceira edición do Festival de Habaneras y Polifonía de Vegadeo

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

Vegadeo prepárase para unha nova edición do Festival de Habaneras y Polifonía, que este ano chega a súa terceira convocatoria. A cita será o vindeiro 11 de agosto co obxectivo de repetir a gran acollida e o éxito rexistrado no ano anterior.

Polo momento, a a Asociación Musical Entre Ríos abre o prazo do concurso para o cartel anunciado do evento. Co concurso preténdese estimular a creatividade de artistas e deseñadores, así como fomentar a difusión da imaxe do festival a nivel nacional e internacional. Poden participar autores de calquera nacionalidade ata o 11 de xuño e establécese un premio dotado con 300 euros.

O tema fará referencia ao Certame musical e a súa temática deste ano  Habaneiras e Música de Ultramar”, polo que deberán figurar no traballo III Festival de Habaneras y polifonía de Vegadeo 11 de agosto de 2024. Só se admitirán a leste concurso obras inéditas e que non fosen presentadas a outros concursos. O cartel premiado polo xurado será a imaxe da cita en todos os soportes.  Os participantes deberán mandar o sobre por correo certificado á Asociación Musical Entre Riós, Avenida de Asturias, 34 33770 Vegadeo (Asturias).

No sobre débese adxuntar a obra presentada ao concurso, sen firma, en formato jpg ou pdf, e 300 ppp, mínimo en formato dixital. As medidas do cartel definitivo serán de 50×40 e terán que adaptarse a estas proporcións. A orientación pode ser tanto horizontal como vertical. No sobre pechado figurarán os datos do autor, nome, apelidos, dirección, número de teléfono, fotocopia do DNI.