Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

O IV Trail do Caolín ao Fuciño do Porco xa ten abertas as inscricións

Por 2 Abril, 2024Abril 3rd, 2024Sin comentarios

A organización do Trail do Vicedo informou da data da nova edición desta proba deportiva e que chega ao seu cuarto ano.

Esta cita será o vindeiro 19 de maio de 2024 e coma sempre contará con andaina e trail corto de 15 quilómetros e trail longo de 24. “Mantén as características principais de todos os anos pero con variantes nos percorridos para facela máis atractiva aos afeccionados do Trail galego”, dixeron.

Esta carreira de monte está adicada a Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021.

Para o Trail curto e Andaina poñerase autobuses para achegalos á zona de saída 1 hora antes das saídas.

As inscricións xa se poden realizar na páxina web Galitiming ata o martes 14 de maio ás 22.00 horas, e o prezo da inscrición será de Trail Longo: 18 euros para federados / 20 euros non federados; Trail Curto: 13 euros para federados / 15 euros non federados, Andaina: 6 euros para federados / 8 euros para non federados. Na inscrición vai incluída unha picada final en meta. Establecese un límite máximo de 450 inscricións.

Tamén hai posibilidade de inscribir acompañantes só para a comida final por un prezo de 5 euros por persoa.