Skip to main content
Viveiro

Loureiro convoca unha nova comisión de seguimento do PXOM

Por 6 Abril, 2024Sin comentarios

A comisión municipal de seguimento da redacción do noxo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Viveiro reuniuse no concello, convocada pola alcaldesa, María Loureiro, para revisar os últimos trámites realizados e analizar os próximos pasos para contar co documento definitivo.

Ademais da alcaldesa, asistiron á reunión a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez (BNG); Mariña Gueimunde (PP); Jesús Fernández (PSdeG), e Bernardo Fraga (Por Viveiro), que escoitaron as explicacións dos técnicos de Urbanismo e do equipo redactor do PXOM.

“O PXOM é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento futuro de Viveiro e todos os grupos políticos debemos remar na mesma dirección”, explica a alcaldesa, María Loureiro

Recentemente, o PXOM obtivo o informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), un organismo dependente da Xunta de Galicia, un paso importante para avanzar na redacción definitiva do documento.