Skip to main content
Viveiro

Sarabela Teatro achega a súa nova obra a Viveiro

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

Sarabela Teatro representará Hecho en Galicia. MADE IN GALIZA no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este venres a partir das 20.30 horas. Trátase dunha función de carácter gratuíto ata completar aforo. MADE IN GALIZA é un convite á República Indenpendente da túa lingua. Non se vai a perder nin en soños porque co galego imos “ao fin do mundo”.

A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de Ensino Medio de Galicia), Sarabela quere “comprometerse” con ese universo creado polo autor no que a verdadeira protagonista é a nosa lingua, secundando esta aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega.

A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura.