Skip to main content
Viveiro

Invisten 41.250 euros no acondicionamento da pista de Fontecova, en Viveiro

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

Comezan as obras de acondicionamento da pista de Fontecova, en Viveiro. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financia os traballos, e a Concellería de Medio Rural de Viveiro asinaron un convenio de colaboración para desenvolver as obras, que supoñen un investimento de 41.250 euros.

Trátase dun vial de titularidade municipal que serve como acceso a unha zona de gandaría, que se atopa moi deteriorado polo tránsito de maquinaria agrícola. As obras, que se están executando nestes días, supoñen a rehabilitación integral da pista, con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e pintado de marcas viais e sinalización vertical.

O deputado de Rural Daniel García e o concelleiro Ramón Martínez coincidiron en sinalar “a importancia das infraestruturas e servizos para que as zonas rurais sigan mantendo a poboación e a actividade produtiva”

O acondicionamento da pista de Fontecova súmase a outras actuación realizadas no rural de Viveiro, coa colaboración das dúas administracións, como a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Vieiro, recentemente executada, coa que entendeu o servizo ás vivendas da Igrexa e que supuxo un investimento de 48.270 euros.