Skip to main content
Viveiro

Máis de 700 persoas participarán na nova edición da Camovi en Viveiro

Por 15 Abril, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

A Camovi, a Carreira por Montaña Montes de Viveiro, que chega a súa décimo terceira edición, mantense como unha das citas consolidadas na axenda deportiva da comarca da Mariña. A proba celebrarase o 20 e o 21 de abril en Viveiro e xa conta con case 780 inscritos, que participarán nalgunha das seis modalidades organizadas ao longo da fin de semana.

O programa comeza o sábado coa andaina Ramón Blanco duns 11 quilómetros, que comezará ás 9.30 horas. Seguiralle, pola tarde, a proba Camovi Kids. O domingo é a quenda da C42K, que comezará ás 8.00 horas, do mesmo xeito que a CAMOVI Relevos 42K.

Nesta data, os corredores tamén poden participar na C21K e na C10K. A cita contará coa participación de deportistas de alto nivel como a corredora de ultra distancia Eugenia Gilb, que forma parte da Selección Murciana e que estará este ano por primeira vez en terras galegas, conquistando os 42k de puro monte da CAMOVI.