Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

A asociación Cabaleiros da Bidueira, de Cervo, organiza a súa primeira ruta cabalar

Por 7 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación Cabaleiros da Bidueira, de Cervo, organiza a primeira ruta a cabalo para o vindeiro domingo 14 de abril.

A saída será ás 10.00 horas desde o polideportivo de San Román. Haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta e despois de rematar o percorrido no polideportivo de San Román terá lugar unha sesión vermú amenizada polo DJ Pablo Conxuro, xantar e baile.

As inscricións poden facerse a través dos teléfonos 657 256 408 (Adrián) ou 677 539 285 (Óscar) e o prazo remata o día 10 de abril.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.