Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Volve a Lugo unha nova edición da Ruta Castrexa cun percorrido duns 350 quilómetros

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

A Asociación Motorista Lucense pon en marcha unha nova edición da Ruta Castrexa, que se celebrará o 11 de maio. A proba, que puntúa para o Campionato de España e de Galicia de Mototurismo, conta cun percorrido infeior aos 350 quilómetros, con punto de saída e chegada en Lugo e  cun itinerario por estradas abertas ao tráfico.

A ruta non está definida, só hai os controis de paso. Cada participante poderá escoller a estrada que considere máis apropiada ás súas características de condución. Os puntos de paso daranse a coñecer para que cada participante poida proxectar a súa estratexia.

O tempo máximo para realizar o percorrido está calculado sobre unha media inferior ao 50 km/h aproximadamente. O obxectivo é certificar o paso polos diferentes puntos de paso establecidos no percorrido elixido ata acceder ao punto de chegada.