Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Shihan imponse na 3ª xornada da Liga Galega de Cedeira con 38 metais

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

A Escuela Deportiva Shihan volve amosar o seu gran nivel ao proclamarse mellor club de Galicia encabezando o medalleiro na 3ª xornada da Liga Galega celebrada en Cedeira. Un total de 38 metais foron para os lucenses, distribuídos en 10 ouros, 6 pratas e 21 bronces.

O campionato, celebrado o 13 de abril en horario de mañá e de tarde, bateu récords de inscricións, pois chegaron a participar máis de 600 deportistas de toda a comunidade. Concretamente, rexistráronse 626 inscricións de 32 clubs, a cifra máis alta de deportistas inscritos na historia do karate en Galicia.

Na competición oficial, recollida no calendario deportivo da Federación Galega de Karate, déronse cita as categorías xuvenil, cadete, pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil nas modalidades de Kata (formas) e Kumite (combate).