Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Unha prata e un bronce para Emilio Montilla do Biosbardo no dobre campionato estatal de Candeleda

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

A localidade de Candeleda, ós pés da Serra de Gredos, albergou dúas xornada cun dobre campionato estatal: o Campionato de España de Subida Vertical e o Campionato de España de Carreira de Montaña.  O C.D. Biosbardo dobrou cita, estando representado por Tamara García en categoría feminina e Emilio Montilla en categoría masculina.

Cun tempo de 53 minutos, Montilla facíase co bronce de categoría nunha proba de 7 quilómetros e 1040 metros de ascensión. O deportista gardou forzas ata o último tramo onde conseguiu distanciarse dos seus perseguidores e afianzar a terceira posición, sendo o mellor galego en meta. Pola súa parte Tamara García facíase cunha meritoria 27ª posición absoluta cun tempo de 1h10’ en meta.

Marcado pola fatiga da xornada anterior e cunha xestión de carreira á altura dos grandes atletas, Emilio Montilla tamén se proclamou subcampión de España de Carreira de Montaña en categoría M50. Tras pasar a parte intermedia en 6ª posición, a remontada foi intensa, chegando a tan só 15 segundos da vitoria.

Con este resultado os deportistas do Biosbardo, actuais campións galegos por equipos continúan o seu afianzamento dentro do trail galego, ampliando a base dos distintos equipos á par que se miden cos mellores a nivel nacional coa vista posta nas vindeiras competicións.