Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla está máis preto de facer realidade o Parque Central de Galicia

Por 13 Abril, 2024Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación aproba o último paso administrativo que permitirá á institución provincial solicitar a licencia de obra municipal para facer realidade no lugar de Nugallás, na parroquia ulloana de San Fiz de Amarante, o Parque Central de Galicia. “O proxecto que impulsamos dende a Deputación de Lugo para poñer en valor o Centro Xeográfico galego e que, sen dúbida, será un revulsivo de primeira orden a nivel social e económico para Antas de Ulla, para a comarca da Ulloa e para o conxunto da nosa provincia”, explicou Pablo Rivera.

Deste xeito, aproban o proxecto básico e de execución para a construción do Parque Central de Galicia, “adaptado ás determinacións do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación deste gran espazo público”, sinalou o Deputado. Agora solicitarán a licencia de obra ó Concello que “coa alcaldesa, Pilar García Porto, á fronte, apoia e colabora decididamente con este proxecto, despois de todas as dificultades e atrancos que puxo o anterior Alcalde de Antas de Ulla”, engadiu.

Unha vez obtida a licencia de obra, explicou que a Deputación de Lugo poderá empezar a executar os traballos, porque xa ten adxudicado o contrato de construción do Parque Central, por un importe de 1,3 millóms de euros, á UTE Ovisa-Provisa.