Skip to main content
Lugo

Os populares lamentan que Lugo perda outra frecuencia de tren con Madrid

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

Os populares recriminan que a nova alcadesa perdese a oportunidade de reclarmar aos ministros que viñeron a Lugo en campaña mellores comunicacións indicando que “os que pensaban que podía haber un cambio de rumbo xa se desengañaron con este novo mazazo”.

Para a voceira popular Elena Candia “os esforzos da nova alcaldesa non se centran no prioritario e solicita que se deixe de perder recursos e tempo en proxectos que non aportan nada como as Caldas do Miño ou un carril bici mal deseñado”. Para eles, a nova de que Lugo perde outra frecuencia de tren con Madrid demostra “que non hai nin estratexia, nin habilidade por parte da alcaldesa da cidade para priorizar mellores comunicacións para que Lugo sexa unha cidade competitiva e atractiva”.