Skip to main content
Lugo

Dende dramas ata traxicomedias musicais: o Escenario Hipócrita estrea programa

Por 5 Abril, 2024Abril 6th, 2024Sin comentarios

A programación cultural no Escenario Hipócrita continuará este trimestre con funcións o segundo e cuarto sábado de cada mes. Trátase dunha programación variada que abrangue diferentes xéneros e estilos dentro das artes escénicas, dende o teatro físico á improvisación.

O grupo compostelán Improversadosa abrirá a programación o 13 de abril co seu espectáculo Épica Vulgaris. O 27 chega Lohengrín Teatro que levará a escena Terra, un espectáculo de teatro danza cargado de simbolismo. No mes de maio, o Escenario Hipócrita acollerá a preestrea da primeira peza dunha nova compañía lucense Satori, titulada Masculino singular, unha traxicomedia musical interpretada por Gustavo Fouce e dirixida por Sonia Fernández, que se poderá gozar o sábado 11.

Lear en las catedrales, un drama baseado no poema de José Hierro Lear en los claustros, que porá en escena a compañía cántabra Ábrego, será a segunda función de maio, o sábado 25. Pechará a programación o espectáculo unipersoal La extranjera de Stephanie Cubides, docente e actriz colombiana o 8 de xuño. Trátase dunha peza de teatro físico que narra o eterno conflito entre a permanencia e a partida. A programación cultural do Escenario Hipócrita conta co apoio da Área de Cultura da Deputación provincial.