Skip to main content
Lugo

Preséntase en Lugo a 87º Revista Galega de Educación

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

Maite Ferreiro e Cristina López acudiron ao acto de presentación da nova edición da Revista Galega de Educación. No seu exemplar número 87, a publicación trata sobre a saúde mental e a educación, un tema que ampliaron coas súas intervencións as profesionais Ana Parada Gañete, co-directora de RGE, Manuel Armas Castro, psicólogo e doutor en Ciencias da Educación, Federico Menéndez Osorio, psiquiatra e María Guerreiro Muñoz, do Servizo de Educación do Concello de Lugo. O acto celebrado nas instalacións do Vello Cárcere foi presentado por Fran Candia Durán, membro de NEG e Profesor na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.