Skip to main content
Lugo

Proxéctase ‘Sombras en el paraíso’ en Lugo da man do club Valle-Inclán

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

O Club Cultural Valle-Inclán continúa as proxeccións das Sesións de Filmoteca neste mes de abril. Nas vindeiras semanas ofrece catro novos filmes na cidade de Lugo. Este mércores 3 é a quenda da peza Sombras en el paraíso, de Aki Kaurismäki, que se proxectará na Casa do Saber a partir das 19.30 horas.

A entrada é libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, o resto do público deberá aboar a cota proporcional de socio, uns dous euros. O drama achega a historia de Nikander, un condutor dun camión do lixo, que unha noite verá como a súa vida se complica ao morrer o seu compañeiro de traballo. Ademais, namórase de Ilona, unha caixeira dun supermercado.

Trátase da primeira entrega de La trilogía del proletariado que se compón ademais de Ariel e La chica de la fábrica de cerillas. O programa deste mes remata o día 24 con Diario de un cura rural, de Robert Bresson.