Skip to main content
Lugo

A improvisación musical de Improversados chega ao Escenario Hipócrita de Lugo

Por 12 Abril, 2024Sin comentarios

Este sábado, día 13, a partir das 20.00 horas o grupo compostelán Improversados traerá ó Escenario Hipócrita o seu espectáculo Épica Vulgaris, dirixido a público mozo e adulto.

Improversados é un grupo multidisciplinar que fusiona música e teatro improvisados para contar historias únicas e ó momento. No seu espectáculo, investigan a vulgaridade que hai no épico e o épico que hai no vulgar para xerar emoción, risas e tenrura dende o inesperado.