Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide que se mellore o estado do Parque Marcos Cela, preto da rúa Magoi

O PP pide unha limpeza profunda das pintadas, reparación de vallas rotas e revisión de arborado no Parque Marcos Cela, onde lamentan a falta de mantemento e o abandono, destacando a mala imaxe que ofrece a caseta que hai na entrada á zona verde na rúa de Magoi: “Está chea de pintadas que se converteu nunha zona onte se cubren os sen teito ou se celebran botellóns”.

Tamén reclaman a reparación das varandas que hai no interior deste bosque urbano; a revisión do arborado; reparación dos dous miradoiros deste entorno e a  renovación das travesas da escaleira que comunica os paseos interiores co parque infantil da Avenida de Magoi e a limpeza da fonte do Pilar. A intervención nos camiños é outra prioridade xa que as chuvias arrastraron o pavimento e hai zonas en moi mal estado”.

Este parque foi inaugurado en 2005 e trátase dunha zona moi frecuentada pola veciñanza que se utiliza como atallo para chegar á zona do Miño.

Con respecto ao parque infantil de Marcos Cela, din que é urxente a renovación do pavimento de caucho que ten fendas de varios centímetros que supoñen un risco para os cativos que xogan nel. Os populares explican que esta zona de xogo se fixeron uns parches para arranxar o pavimento pero esta solución provisional empeorou o seu estado.