Skip to main content
Lugo

O PP recrimina que o Goberno local non ofrece contido de interese nas pantallas táctiles do Concello

Por 15 Abril, 2024Abril 25th, 2024Sin comentarios

O PP recrimina que tras 3 anos e 50.000 euros de “despilfarro” que o Goberno local segue sen ofrecer contido de interese nas pantallas táctiles do Concello. Lembran que o pasado 15 de xullo de 2021 o Concello presentaba o que sería un proxecto pioneiro para impulsar o comercio e a hostalaría a través dun sistema innovador de carteis interactivos.

Consistía na instalación destas 2 pantallas, ademais doutros 2 móbiles con moitas posibilidades dicían que faría publicidade gratuíta de locais, posibilidades de reservar unha mesa para cear. Pero denuncian que, tras case 3 anos seguimos como estábamos, xa que non teñen contido e están completamente desactualizadas e en, neste momento ningunha funciona.

Aseguran que desde o Goberno local deron tipo de escusas para defenderse “cada cal máis disparatada que a anterior”, xa que dixeron que “os locais do centro non están preparados nin adaptados a esta tecnoloxía; logo que non as podían usar polas obras do centro histórico e que só tiñan unha función de carácter pedagóxico”.

Os populares conclúen que “unha vez máis vemos como un proxecto que podería servir para fortalecer o tecido empresarial quedou relegado ao autobombo do goberno” asegurando que “o goberno local demostra unha falta de interese en apoiar, revitalizar e dar opción ao comercio local para mellorar”.