Skip to main content
Lugo

Augas Férreas celebra o Día do Libro con contacontos, concertos e firmas con autores

Por 17 Abril, 2024Abril 18th, 2024Sin comentarios

Augas Férreas celebra o Día do Libro o vindeiro domingo 21 cun programa a base de contacontos, concertos e xuntanzas con autores na praza. As actividades comezará ás 12.30 horas coa lectura e a firma de libros da man de Estefanía Padullés. Seguiralle o contacontos Isto non é un unicornio con Profe Alba.

Logo dun descanso, o programa retómase ás 16.30 horas con música. A partir das 17.00 horas terá lugar o storytime A world Magic con Kids&Us para os máis cativos. Xesús Bermúdez será outro dos autores que participará no encontro para firmar exemplares.

A partir das 18.45 horas os asistentes poderán gozar da firma de libros de María López Sández. O broche de ouro da festa chegará de novo coa música Profe Alba. Ademais os máis pequenos da casa tamén poderán desfrutar de xogos, pinta caras, sorteos e merenda animada con personaxes Disney.