Skip to main content
Lugo

Repoñen as camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo en Lugo

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo repón as dúas camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo que foron vandalizadas. “Completamos os traballos de substitución das camas afectadas e, así mesmo, xa se levou a cabo a retirada do valado instalado para evitar riscos de caídas, polo que xa se atopan novamente a disposición dos cativos e cativas”, anunciou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández.

O concelleiro pediu novamente colaboración á cidadanía para respectar os espazos públicos e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos”. Por iso, é importante “chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala. Como comunidade debemos denunciar calquera acto de vandalismo “, apuntou.

O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións como a acontecida neste parque recentemente renovado”.