Skip to main content
Lugo

Adaptan o horario de colocación dos colectores para a recollida de lixo no centro histórico de Lugo

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

O servizo municipal de limpeza Luce Lugo adaptará o horario de colocación dos colectores para a recollida de lixo no centro histórico. O obxectivo desta lixeira variación do sistemas é adecuar o servizo ás necesidades das distintas actividades que se desenvolven en este punto neurálxico da cidade.

A empresa concesionaria do servizo de limpeza fará unha sectorización do espazo para deseñar a programación de forma que os usos predominantes nas distintas zonas sexan tidos en consideración á hora de colocar os puntos de recollida temporais.

“No caso das rúas cunha maior presenza comercial, adiantaremos sobre media hora o inicio da instalación dos colectores. Deste xeito, na franxa horaria correspondente ao peche dos comercios contaremos con todos os contedores prestando servizo”, indica o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández.

Esta medida permitirá, ademais, minimizar “unha práctica que afea a imaxe do centro nese momento do día como é o depósito de bolsas de residuos e embalaxes e restos de cartón na vía pública. Algo que redundará nun maior ornato público proxectando unha mellor imaxe da nosa zona histórica”, sinalou.