Skip to main content
Lugo

Elena Candia denuncia a paralización de 12 obras no rural de Lugo e o retroceso da área social

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

Despois de que Paula Alvarellos cumprise 100 días á fronte da Alcaldía, a popular Elena Candia denuncia o atasco de licenzas e a falta de atención persoal na área de Urbanismo tras a contratación dun director xeral, así como o retroceso da área social, expoñendo grandes listas de espera con exemplos de ata 2 meses e medio no centro do Sagrado Corazón e unha media nos restantes entre un mes e mes e medio.

Candia tamén asegura que o a rexedora ten o rural esquecido pois “nin fai, nin deixa facer” e crítica as12 obras paralizadas. Neste senso, aseguran que faltan proxectos e son moi críticos coa privatizacións de servizos esenciais como o SAF, Xantar no Fogar ou a reparación da fugas de auga as noites e en festivos.

Para eles están a actuar baseándose na improvisación e apóianse así na eliminación de seguridade do Vello Cárcere, que piden que rectifiquen, ou o bando das terrazas sen aprobar previamente a ordenanza prometida. Ademais, para eles, o feito de que Lugo conte cun auditorio listo para abrir pero sen data fixada amosa unha falta de planificación.