Skip to main content
ChantadaMonterrosoO SaviñaoTaboada

Máis de 150 corredores participaron da XIII Volta a Lugo Máster

A XIII Volta a Lugo Máster acolleu a máis de 150 corredores de diferentes puntos do Estado e de Portugal que percorreron os concellos de Chantada, de Taboada, do Saviñao e de Monterroso.

Desta maneira, na primeira atapa foron de Escairón a Escairón, percorrendo unha distancia de 75 km, na segunda celebrouse o Campionato de Galicia CRI Máster de 15 km, e a terceira percorreu 75 km, de Chantada a Chantada.

Dos participantes, o vencedor da xeral total da VML 2024 foi o corredor Jose Luis Lombao Arias do Norinver Cycling Team, que tamén conseguiu alzarse coa xeral da categoría master 40 e do mellor galego da Volta.

Pola súa parte, Gustavo Santiago, do Club Ciclismo-Triatlón Poio, gañou a Xeral Master 30; Jose Maria Tajes, de Norinver Cycling Team, gañou a Xeral Master 50/60; Diego Collazo, de Sportlimts, gañou a Xeral Montaña; Alberto M. Álvarez Vegal, de Norinver Cycling Team, gañou a Xeral Metas Volantes, Adan Fra, de C.C. Viveiro, gañou a Xeral Springs Especiales; e Norinver Cycling Team gañou a Xeral por Equipos.

Desde el Club Ciclista Chantadino, organizadores do evento, quixeron agradecer o traballo de “todo o equipo humano que se esforzou para que esta proba saíra adiante” e quixeron agradecer tamén aos participantes e acompañantes.