Skip to main content
Monterroso

Monterroso acolle unha charla sobre a seguridade dos maiores

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

Monterroso acolle unha charla sobre a seguridade dos nosos maiores. A cita terá lugar o vindeiro venres 26 de abril e está dirixida á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

A Garda Civil será a encargada de levar a cabo a proposta no Centro Sociocultural a partir das 17.30 horas. estará aberta a quen queira asistir.

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior e imparte a Garda Civil de Lugo, para ofrecer información e consellos ante roubos, furtos, estafas ou malos trato e saber como actuar ante estas circunstancias.