Skip to main content
Negueira de Muñiz

A Asociación Corripa, de Negueira de Muñiz, e a Deputación organizan unha nova edición de Ciencia na aldea

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

A  área de Rural da Vicepresidencia Deputación de Lugo impulsa a cuarta edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebrarán do 26 ao 28 de abril no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz, da man da Asociación Corripa.

O deputado Daniel García presentou o programa esta tarde, acompañado por Vanessa Paredes e Alberto Uría, presidenta e vicepresidente da Asociación Corripa, e polo divulgador científico Manuel Vicente e polo biólogo Martiño Cabana, que tomarán parte nas xornadas,  cunha ducia de relatores e mesas redondas sobre a biodiversidade, con especial atención ao mundo dos insectos e a especies ameazadas, e a divulgación científica como instrumento para estender a sensibilidade ambiental  e promover a conservación dos entornos rurais

A Martiño Cabana e Manuel Vicente súmase unha ampla nómina de investigadoras e científicos de diferentes ámbitos, desde o estudo dos insectos ata a neurobioloxía, a astrofísica ou a seguridade alimentaria, así como xornalistas e divulgadores científicos de referencia no ámbito estatal.  O programa inclúe tamén unha relatorio sobre o funcionamento do Parque Biolóxico de Gaia, en Portugal, referente en educación ambiental en Portugal.

Alberto Uria lembrou que “Ciencia na aldea naceu para achegar a ciencia ao rural, á vida das aldeas e á biodiversidade que hai nelas a través de relatorios e mesas redondas con algúns dos científicos máis importantes do Estado” e destacou que “nesta edición queremos ir un paso máis aló e darlle proxección internacional coa participación de relatores de Portugal”.

Daniel García destacou “a continuidade que desde a área de Rural e a Asociación Corripa lle estamos dando a este encontro de carácter científico e divulgativo que profundiza na importancia de conservar as nosas paisaxes e o noso patrimonio natural, algo que só é posible cun apoio real ás persoas que desenvolven os seus proxectos profesionais e vitais no medio rural”

O deputado provincial destacou tamén que “as tres anteriores edicións avalan estas xornadas que implican moitas persoas, participantes e relatores, dinamizando e dando a coñecer a zona por todo o Estado” e valorou tamén “as actividades de educación ambiental organizadas pola Asociación Corripa ao longo de todo ano”.

As inscricións para participar poden realizarse na web www.asociacioncorripa.org, a partir deste venres (10.00 horas) A participación é gratuíta.

PROGRAMA

Venres 26 de abril: Ciencia cercana

17.00 Inauguración das Jornadas

17.15 A Asociación Corripa

17.45 Buscando bichos. Distribución e conservación de fauna ameazada

18.30 Os virus que nos hacen humanos

19.30 Estrelas galegas da Ciencia

20.15 Mesa redonda: Ciencia cercana

21.30 Cena: Pieiga (Negueira de Muñiz)

Sábado 27 de abril: Ensinando Ciencia

09.30 41 anos de educación ambiental. O Parque Biológico de Gaia

10.30 A especie máis estúpida da Terra: a especie humana

11.30 Pausa Café

11.45 Unicornios, entomoloxía e mulleres. Ciencia fantástica!

12.45 Mesa redonda: ¿Cómo divulgar  ciencia?

14.15 Comida popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)

15.30 Ciencia desde a naturaleza

16.30 Pero… Que ven os meus ollos!

17.30 A ilusión de comer coma un Deus

18.30 Pausa Café

18.45 A crisis ambiental como unha oportunidad para a recivilización

19.45 Mesa redonda: Ensinando a pensar

21.30 Cena popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)

23.30 Tertulia baixo as estrelas, karaoke científico e queimada popular.